Casimiro de Brito.
Para tod@s os Cen-tol@s.......
Cheguei a reunión no Náutico as sete da tarde do venres alí o Oráculo Amarelo, director do evento informou das tácticas utilizadas polos nosos anxos da garda , para salvarnos naquel labirinto, e deu algúns consellos
para navegantes ainda que tamén nos fixo entender que había poucas opcións de darlle o Xaque a Torre, pois as ondas en Punta
Herminia superaban os tres metros,
Hércules xa estaba remenxendo o mar cos seus descomunales brazos, para impedir o asedio a sua fortaleza. Sara nolo confirmaría mais tarde deslizándose en un viaxe de vértigo entre as fervuras do mar de Hércules .Despois
tomamos un aperitivo ofrecido pola organización mentras Travesías, facía unhas fotos do momento istórico, as inscripcións
na travesía casi triplicaban as do ano 2008 e duplicaban as do 2009.Aquilo era unha festa natatoria.
Posteriormente nos fumos Soni, Buzo, Jabs, Corso, Golfiño, Alejandro… e dous novos membros máis do
Clán da tortilla …a Casa das
Tortillas, facía muito calor alí dentro, parecía que esabamos en unha sauna, Tito casi se quita a camiseta
, quizás sería un presaxio de que o día
seguinte non teríamos o noso Jacuzzi
, onde nos relaxábamos despois das travesías .Alí pasamos un bo rato , facendo
comentarios sobre a travesía, e escoitando unha lección maxistral de Golfiño sobre hidrodinámica natatoria.
Golfiño e como unha especie de Argonauta
metade peixe e metade mamífero, que as veces alucina coas sireas. Jabs (Borges) escoitaba a Golfiño con devoción, pois éste transmitía
sensacións o mesmo tempo que explicaba con paixón o intríngulis da brazada , Borges tomaba apuntes en un imaxinario "libro de area".Mentras,
dábamos boa conta das exquisitas viandas
que alí nos ofreceron ( que boas estaban as tortillas), eu pedín unha de
espinacas recordando as aventuras de Popeye, a ver se se me pegaba algo do seu
espíritu para a dura travesía que se
aveciñaba . Despois visita de rigor a praia do Orzán no punto de saída da Mítica travesía, o Faro da Torre de Hércules emitía coitelos de luz que
cortaban a noite, unha noite expléndida.
Alí estabamos cando se aproximou
unha parella de viandantes os cales metímolos no compromiso de que nos quitaran
unha istórica foto, él non se
aclaraba muito coa cámara, pero as precisas indicacións de Soni, que en todo momento dirixiu a performance, conseguiron chamar a atención de sua compañeira, que
por último nos sacou unha ou duas fotos con nocturnidade e alevosía, digo alevosía porque eu tiña o gorro xa
posto. A noite estaba preciosa e na
praia sentíase romper o mar con enerxía, era xá un presaxio de que o día
seguinte habería que optar polo plán B.
Despois acompañado por Jabs, me dirixín ata a zona de Riazor,
para descansar. A pesares de que era a terceira vez que facía a travesía, estaba
nervioso…….soñei que cen-tolos, jabeaban pola Torre e acababan pendurados da luz do Faro, o mar era un cefalópodo con mil tentáculos...........
As sete menos cuarto estaba xá a pé, despois fun camiñando ata o Parrote
e antes de chegar tomei un café con leite e uns churriños que me sentaron
divinamente .Alí no Náutico nos reunimos todos para poñernos o traxe de gala. Sobre as 9.25 deuse a
saida o noso grupo.Todo foi ben mentras estabamos no abrigo do porto, pero
cando nos diriximos mar adentro
hacia San Amaro, aquilo en vez dunha travesía parecía unha escalada nun ¡Himalaya líquido!, a Torre de Control semellaba un caranguexo galáctico, o ceo estaba gris chumbo e comezou a chover,
había olas de mais de dous metros. Estiven casi duas horas nadando codo con
codo con o Gran Corso,
e tamén con Alejandro, ata que perdín a sua estela entre aquelas olas
inmensas que aumentaban a sensación de ingravidez permanente. Pero logo nos
atopamos de novo no avituallamento de San Amaro, alí estivemos na “Gloria”, un aquarius e un plátano a
medias con Alejandro, que nos souberon a "gloria", e a seguir nadando os outros cinco kilómetros de volta
que nos quedaban, a ultradistancia estaba
xa deixándose sentir, a punta do dique de abrigo parecía inalcanzable, e o
Castelo de San Antón era ainda un espexismo
no plato de auga da dársena, lembreime das palabras de Corso (el Castillo que me lo mueven).Perante
todo o traxecto foi primordial a orientación dos nosos anxos da garda, dende as zodiacs,
pois as montañas de auga non deixaban
ver as boias, por fín conquistado o Castelo de San Antón, entrei na
dásena do porto para pisar por fin a alfombra da rampa e no meu corazón latía un eco con forza ¡fíxena!,
e xa van tres, que me quiten o nadado¡¡¡¡¡¡
sussopi.
sussopi.