Seguidores

miércoles, 13 de julio de 2011

III TRAVESIA A NADO EN BUEU (ANCORADOURO PESCADOIRA)


Os tempos son chegados e xa imos a pola terceira travesía en Bueu.
Na Costa Verdescente, as pedras esculpidas polo vento
semellan xigantes espectantes 
Quixotes de neopreno cabalgan pola meseta azul
de Udra
Está previsto que os mais de Cen-Tolos, 
se concentren en Punta Centoleira, 
despois de sair da fermosa Ancoradouro,
e con brazada firme  darlle a volta a Udra, 
alí onde o vento se transmite no alfabeto das ondas, 
onde as pedras son talismáns e guías
A esquerda polo oeste 
Ons se levanta como unha balea xigante.
O Cabalo xa relincha sobre a escuma.
Co Raio transparente 
a Pedra Branca deslumbra, 
mentras as bateas semellan un labirinto 
que, hai que interpretar antes de chegar a Pescadoira.
Ardelle o eixo azul atlántico
ferven os arroasessssss
as sireas brincan polo mar
e festa rachada en Pescadoira.