Seguidores

jueves, 30 de septiembre de 2010

TRAVESIA A CORUÑA 2010 II

O acabar de nadar e despois daquela Odisea, tiñamos por costume, o clán da tortilla, ir o Jacuzzi , o noso jocoso jacuzzi....jajajaja, a vivir as derradeiras efervescencias da travesía, este ano xa Tito tivera un presentimento de que non habería, reláx con burbullas, así que despois dunha ducha rápida fumos directos o comedor onde nos agardaban as excelentes e apetecibles viandas que nos tiñan preparadas. Alí no comedor compartín mesa e mantel con Gloria e Tito, Marineti e Bogna, Jabs e Cayastá, Marcobe e esposa.Tito nos dixo que Dixoviro e Aline habían chamado dando saudos para todos, os dous que estaban inscritos na travesía,  non poideron asistir, nos os botamos muito de menos, pois son dous grandes aghuaneiras con espíritu de arroassss.
Escomenzou logo a entrega de premios, e que contentiños quedamos tod@s.Menos mal que a camiseta este ano era unha  talla XL e ainda así quedaba un pouco xustiña naquel corpo de tabeirón, xa sabedes para o ano XXL.Mentras dabamos boa conta daquelas exquisitas viandas Cayastá, sentenciaba que " la vida es un kilombo y hay que tener guita para disfrutarla".Cayastá e unha especie de filósofo mariño con fina ironía que sempre está na cresta da onda, que nada con paixón de tango in creschendo coa marea. Nos contou Cayastá as suas aventuras pola Bocaina, onde tivo que loitar coas corrientes e as medusas  xigantes perante as mais de cinco horas que durou a travesía.Tito e Gloria estaban na "gloria" comentando as incidencias da travesía.Marcobe coa sua punzante retranca fíxonos rir un pouquiño, eu pregunteille por Baltasar o "Mago das Travesías" que non poidera asistir, despois imaxinei a Marineti e Bogna  como dous enormes golfiños nunha travesía subrrealista en Cadaqués, onde os neoprenos se poñian do revés..ja.ja .
sussopi