Seguidores

martes, 18 de septiembre de 2012

Amphitrite - underwater goddess from Damien Krisl on Vimeo.

V Sinfonía Natatoria en Coruña.

domingo, 18 de diciembre de 2011

lunes, 26 de septiembre de 2011

ESCALERA DE COLORES


A RECONQUISTA DA TORRE



O día 23S  chegara a Coruña unha marea viva de Cen-Tol@s, uniformados de gala e adestrados por Mister Centolo, para reconquistar a Torre de Hércules, algúns deles eran debutantes e traían novos brios natatorios. Na reunión previa de  información o Oráculo (David…), informaba  dos pláns de ataque, dado que o “Gurú” dera o visto bo para escomenzar aquela batalla pola mañanciña cedo, intentando así coller por sorpresa o enemigo eterno (Hércules). Despois da reunión, un aperitivo e os saudos entre nadadores, alí estaban, Bogna e Mario, o Conde de Santa Fé( Cayasta v Rudi), Travesías, Baltasar, Marcobe, o Sarxento de Ferro… e un monte de Cen-Tol@s… tamén estaba o “Fillo Pródigo” Luis Moya que volveu despois de tres anos para a “Reconquista”. 

Os Cen-Tol@s fumos a cear, ao “Cambalache”…”Borges” atopábase como na sua casa criolla, metido naquel “tango” alí ceamos todos reunidos e distendidos, mentras Dixoviro ( O Trovador Das mareas), daba renda solta a sua retranca caralluda,  facendo estallar as risas centoleiras, alí estaban  Liuda, Cármen , Aline ,Buzo, Soni o Chocolateiro, Dixoviro, Eugenio, Albino, Mister Cen-Tolo (Manu) Borges, Alejandro, Diego Carlos…..botamos de menos ao inmenso Argonauta de Golfiño doctor “honoris causa” en artes natatorias pola escola de Centolos do Vao. Golfiño  unha aperta campeón……e vaite recuperando…que escomenza a tempada.
Na cea tod@s charlamos animadamente, e “Borges” estaba falando con Mister Centolo, falaban de un asunto estrano de  “pesar unhos ovos”..curioso ritual centoleiro, contra o “mal de ollo”, pois sabido é que algunhas prácticas “onanistas” provocan cataratas e despois claro non se miran as balizas…e pasa o que pasa….  
Unha vez acabada a cea fumos ata o Orzán camiñando para facer un recoñecemento do terreo. Por suposto fixémonos a foto de rigor.
Despois tocaba descansar, e pasar a noite no hostal, ao chegar e subir as escaleiras decateime de que me escoraba hacia babor, ben certo é que tomara unha cervexa na reunión de nadadores, e outra na cea, pero a cousa  non era para tanto. Fixeime en que  a escaleira estaba escorada a esquerda, (curioso diseño modernista) e xa me tranquilicei un pouco mais. Funme o meu cuarto intentando conciliar o sono, pois a batalla de pola mañan iba a ser dura, pero a iso das cinco escotei unha sinfonía de  xadeos e suspiros in crescendo…. alguén estaba xa na “gloria”, eu non sabía se  aquilo era un soño ou unha alucinación penetratoria..ejem digo prenatatoria ( a memoria vai o seu ). O certo é que  alguén estaba metido xa en profundidades e dando boa conta de algún molusco sabroso  que se agochaba na escuridade da noite. O caso é que me desvelei  e púxenme  a darlle uns retoques a un “poema respiratorio” inacabado como tódolos poemas..que no se acaban nunca de recompoñer,  igual que o Mar que sempre está  improvisando. O fín conseguín colocar a Lugris con traxe de neopreno entre duas castañetas.
As seis da mañan Dixoviro toca diana  gritando “Bonilla a la vista”…traía un carriño de mán xeitoso onde gardaba os apetrechos para as artes natatorias, estaba algo nervioso, no seu debut, e ata lle tremían as mans o “mollar o churro”…………no café. Despois do Doctorado Cum Laude en Cies, había que pasar a reválida no “Mar de Hércules”.
Mais tarde camiño da Solana vimos o “Anel de ouro” que asomaba polo horizonte, amanecía, o día era perfecto para a batalla.
Unha vez postos os “traxes de guerra”, nos diriximos ata o Orzán para tomar a saida .Alí na praia, entre tódolos  Cen-tolos, alzamos hacia o ceo a nosa “Sirea”, sinal inequívoca de que a batalla  ía escomenzar logo. A auga estaba un pouco fria, eran as 9:30 , e  en canto se deu a saida, tódolos Centolos  ían cara o mar cos neoprenos ardendo.
Saín no primeiro grupo, iamos cara a Torre , antes de chegar a sua altura perdín o contacto co grupo, e  a partir de ahí supen que estaba solo. As ondas non me deixaban ver ben as balizas. Alí no entorno da Torre o mar era un magma  azul grisaceo, estaba vivo, enrriba o sol  resaltaba a xeometría do Faro. Por uns instantes parouse o tempo, na miña cabeza escomenzou a soar a “Rapsodia Bohemia”, de Queen, e o nadar facíase fluido. Quería integrarme naquel entorno, seguía nadando, o “Dragón azul”, amosaba as suas crestas caprichosas. Dalgunha maneira  tiña que participar daquela enerxía, quería posuila .De súpeto comenzei a sentir un calambre nos xemelgos, mantiven a calma, estirei a perna e fun un bo tempo arrastándoa, esquencime mentalmente do calambre e seguín nadando, a dor foi cedendo...Parei logo a beber e tomar un plátano o  que me sentou mui ben. A medida que ía nadando non paraba de mirar a Torre, no quería que se me borrara aquela sensación indescritible que sentía naquel momento.Así seguín ata que divisei o Caranguexo Galáctico (torre de control), preludio claro de que escomenzaban a notarse os efectos da “ultradistancia”. Desorientado por uns instantes non sabía que dirección seguir ata que un dos “anxos da garda”, indicoume a dirección da baliza.
O dique parecía non ter fín….eu de respiración ía ben, pero os ombros xa enferruxados escomenzaban a dar síntomas de fatiga….¡hai que seguir!….. Antes de chegar a punta do dique parei a beber outra vez..notaba que  nadaba lento, e ainda non adiviñaba o Castelo de S. Antón…lembreime de Tito (boteino de menos) novamente.. e volvín a concentrame na sensación de nadar, de fluir co mar….había que resistir…..
Vexo xa  o Castelo… …K    estaba mirando pola ventana .De súpeto adiviño unha silueta ao paso polo Castelo  parecíame Dixoviro, pero un kayak se interpuso entre os dous, e perdino de vista…..o fín estaba preto….  seguín nadando ata a dársena e cando cheguei, e fun aclamado por unha lexión de Cen-tol@s.
Grazas a tod@s por esta nova conquista en vosa compañía.

jueves, 22 de septiembre de 2011

XAQUE A TORRE 2011






No me cabe a menor dubida de que se hai bo tempo, e sengundo o "Guru" seica o vai haber, unha Lexión de "Cen-Tolos" , daralle un "xaque" a Torre.
Os intrépidos Cen-Tolos foron severamente adestrados por “Mister Cen-Tolo”, un Gladiador mariño irreductible, que lle botou un pulso coa marea viva o mismísimo “Coloso de Rodas” alí en Cies. Será acompañado por outro Argonauta destacado en “desafios al amanecer”, nin mais nin menos que o “Trovador Das Mareas” (alias Dixoviro), debutante en estas lides pero con un “curriculum natatorio”, que da medo, (repetidor en Cies Cum Laude).O encargado de preparar a poción máxica será Soni "O Chocolateiro".
O mismísimo Hércules tratará de paliar este ataque centoleiro, intentando enrrocarse co "Caranguexo Galáctico"(torre de control), e movendo o Castelo de San Antón, para deixarnos no Mar Eterno, disto dou fé o inefable "Corso" na I Travesía (El Castillo que me lo mueven). Seica agora está desterrado en Senegal, por tal atrevemento. En realidade  aquilo resultou algo Kafkiano, e "Borges", o Cen-Tolo criollo decidiu trocar o libro de area polo de auga.A cita deste ano non faltará tampouco o Conde de Santa Fé (Cayasta V Rudi), nin o "Sarxento de Ferro" (Rivas). Iván "El Terrible Brión", seguirá marcando a hora no reloxio "Tempus Fugit". Baltasar( O Mago das travesías) seguirá facendo maxia natatoria e Marcobe intentará conquistar a algunha "Sirea".O "Buzo" seguirá escrutando as profundidades da Marola. Molla e os discípulos de Dalí, intentarán facer unha travesía surrealista y "Orlando Furioso" volverá para conquistar o Mar de Hércules. César collerá unha fror de carrumeiro para Sara en Punta Herminia .Unha odisea amigos Cen-Tolos, que nen o mesmo Ulises daría crédito a tan osada aventura...y e que fai falla estar "Tolo" para ser un bo"CenTolo".Arroasesssssssssssssssssssssssssssss.Ardelle o neopreno .Como decía o poeta:
"Mi única Patria, La mar"

jueves, 15 de septiembre de 2011

MUIÑEIRA CENTOLEIRA

Unha maneira interesante de facer o quencemento antes  da proba.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

A TORRE INFINITA

Estas son pautas musicais para facer mais levadeira a Guerra contra Hércules
A esa altura da travesía o nadar vai in crescendo 
Mama Mia

IV AVENTURA NO MAR DE HERCULES 2011

 A IMAXEN SUPERIOR CORRESPONDE A  I TRAVESÍA A NADO NO MAR DE HERCULES
CAPTADA POR "SONI"

CORAZON DE SAL

Cando no Mar palpita
o seu Corazón de sal
a emoción que me habita
faime sentir animal

A liberdade e tanta
que o Corpo se expande
e ata Finisterre alcanza
e fúndome nun instante
en ese protoplasma azul

 nadar e unha Danza de escuma
 no meu peito anida o vento
Un estrano vértigo me abruma
e no meu azul fico contento.

Por estribor unha Sirea se arrima
o pensamento está cheo de medusas
acudide a min tódalas musas
para que non naufrague a rima

viernes, 9 de septiembre de 2011

NADAR E UN POEMA RESPIRATORIO






Principio do Cen-Tol@:
" Todo corpo que se desliza polo mar
tende a ser un poema respiratorio"

No mar de Coruña me conquistei 
No mar da Coruña vos coñecín
Os meus límites tentei
Do mar todo bebín

Levantei a cabeza e vín
Unha Torre cara o ceo
E nos brazos de Morfeo
Soñei con un mar sen fín
Polas ondas do mar de Hércules
Naquel "tempo" me perdín.

As ondas me levaban
Do mundo a outro confín 
Percorrín a Ultradistancia 
Soñei con Cen-Tol@s e anémonas galaxias.
Calamares Cometas e peixes con trompetas
Nadando con elegancia, entre Buzos e Poetas
Tamén estaba "Lugris"
con smoking de neopreno
entre duas castañetas

Soñei con "Sireas" nadando entre a Lua chea 
mentras meditaba na area
o misterio inescrutable das ondas 
e das mareas

As frores de Carrumeiro ulín
Pasei a Marola como se pasa a Mar toda
e de rosa me vestín.
Agora volvo co meu ombro 
A nadar no eterno retorno 
E non saio do meu asombro
Deste magnético Mar 
Que me volve a conquistar
En un recobro sen fín. 

"Adicado a tod@s aqueles, Cen-Tol@s anfibi@s e demais seres natatorios, que cada día intentan conquistar os seus límites"