O día 23S chegara a Coruña unha marea viva de
Cen-Tol@s, uniformados de gala e adestrados por Mister Centolo, para reconquistar
a Torre de Hércules, algúns deles eran debutantes e traían novos brios
natatorios. Na reunión previa de
información o Oráculo (David…), informaba dos pláns de ataque, dado que o “Gurú” dera o
visto bo para escomenzar aquela batalla pola mañanciña cedo, intentando así
coller por sorpresa o enemigo eterno (Hércules). Despois da reunión, un aperitivo
e os saudos entre nadadores, alí estaban, Bogna e Mario, o Conde de Santa Fé(
Cayasta v Rudi), Travesías, Baltasar, Marcobe, o Sarxento de Ferro… e un monte
de Cen-Tol@s… tamén estaba o “Fillo Pródigo” Luis Moya que volveu despois de
tres anos para a “Reconquista”.
Os Cen-Tol@s fumos a cear, ao “Cambalache”…”Borges”
atopábase como na sua casa criolla, metido naquel “tango” alí ceamos todos
reunidos e distendidos, mentras Dixoviro ( O Trovador Das mareas), daba renda
solta a sua retranca caralluda, facendo
estallar as risas centoleiras, alí estaban
Liuda, Cármen , Aline ,Buzo, Soni o Chocolateiro, Dixoviro, Eugenio,
Albino, Mister Cen-Tolo (Manu) Borges, Alejandro, Diego Carlos…..botamos de
menos ao inmenso Argonauta de Golfiño doctor “honoris causa” en artes
natatorias pola escola de Centolos do Vao. Golfiño unha aperta campeón……e vaite recuperando…que
escomenza a tempada.
Na cea tod@s charlamos
animadamente, e “Borges” estaba falando con Mister Centolo, falaban de un
asunto estrano de “pesar unhos ovos”..curioso
ritual centoleiro, contra o “mal de ollo”, pois sabido é que algunhas prácticas
“onanistas” provocan cataratas e despois claro non se miran as balizas…e pasa o
que pasa….
Unha vez acabada a cea fumos ata
o Orzán camiñando para facer un recoñecemento do terreo. Por suposto fixémonos
a foto de rigor.
Despois tocaba descansar, e pasar
a noite no hostal, ao chegar e subir as escaleiras decateime de que me escoraba
hacia babor, ben certo é que tomara unha cervexa na reunión de nadadores, e
outra na cea, pero a cousa non era para
tanto. Fixeime en que a escaleira estaba
escorada a esquerda, (curioso diseño modernista) e xa me tranquilicei un pouco
mais. Funme o meu cuarto intentando conciliar o sono, pois a batalla de pola
mañan iba a ser dura, pero a iso das cinco escotei unha sinfonía de xadeos e suspiros in crescendo…. alguén estaba
xa na “gloria”, eu non sabía se aquilo
era un soño ou unha alucinación penetratoria..ejem digo prenatatoria ( a
memoria vai o seu ). O certo é que
alguén estaba metido xa en profundidades e dando boa conta de algún
molusco sabroso que se agochaba na
escuridade da noite. O caso é que me desvelei e púxenme
a darlle uns retoques a un “poema
respiratorio” inacabado como tódolos poemas..que no se acaban nunca de recompoñer,
igual que o Mar que sempre está improvisando. O fín conseguín colocar a Lugris con traxe de neopreno entre duas
castañetas.
As seis da mañan Dixoviro toca
diana gritando “Bonilla a la vista”…traía
un carriño de mán xeitoso onde gardaba os apetrechos para as artes natatorias,
estaba algo nervioso, no seu debut, e ata lle tremían as mans o “mollar o
churro”…………no café. Despois do Doctorado Cum Laude en Cies, había que pasar a
reválida no “Mar de Hércules”.
Mais tarde camiño da Solana vimos
o “Anel de ouro” que asomaba polo horizonte, amanecía, o día era perfecto para
a batalla.
Unha vez postos os “traxes de
guerra”, nos diriximos ata o Orzán para tomar a saida .Alí na praia, entre
tódolos Cen-tolos, alzamos hacia o ceo a
nosa “Sirea”, sinal inequívoca de que a batalla
ía escomenzar logo. A auga estaba un pouco fria, eran as 9:30 , e en canto se deu a saida, tódolos Centolos ían cara o mar cos neoprenos ardendo.
Saín no primeiro grupo, iamos
cara a Torre , antes de chegar a sua altura perdín o contacto co grupo, e a partir de ahí supen que estaba solo. As
ondas non me deixaban ver ben as balizas. Alí no entorno da Torre o mar era un
magma azul grisaceo, estaba vivo,
enrriba o sol resaltaba a xeometría do
Faro. Por uns instantes parouse o tempo, na miña cabeza escomenzou a soar a
“Rapsodia Bohemia”, de Queen, e o nadar facíase fluido. Quería integrarme
naquel entorno, seguía nadando, o “Dragón azul”, amosaba as suas crestas
caprichosas. Dalgunha maneira tiña que
participar daquela enerxía, quería posuila .De súpeto comenzei a sentir un
calambre nos xemelgos, mantiven a calma, estirei a perna e fun un bo tempo
arrastándoa, esquencime mentalmente do calambre e seguín nadando, a dor foi
cedendo...Parei logo a beber e tomar un plátano o que me sentou mui ben. A medida que ía nadando
non paraba de mirar a Torre, no quería que se me borrara aquela sensación
indescritible que sentía naquel momento.Así seguín ata que divisei o Caranguexo
Galáctico (torre de control), preludio claro de que escomenzaban a notarse os
efectos da “ultradistancia”. Desorientado por uns instantes non sabía que
dirección seguir ata que un dos “anxos da garda”, indicoume a dirección da
baliza.
O dique parecía non ter fín….eu
de respiración ía ben, pero os ombros xa enferruxados escomenzaban a dar
síntomas de fatiga….¡hai que seguir!….. Antes de chegar a punta do dique parei
a beber outra vez..notaba que nadaba
lento, e ainda non adiviñaba o Castelo de S. Antón…lembreime de Tito (boteino
de menos) novamente.. e volvín a concentrame na sensación de nadar, de fluir co
mar….había que resistir…..
Vexo xa o Castelo… …K estaba mirando pola ventana .De súpeto
adiviño unha silueta ao paso polo Castelo parecíame Dixoviro, pero un kayak se interpuso
entre os dous, e perdino de vista…..o fín estaba preto…. seguín nadando ata a dársena e cando cheguei,
e fun aclamado por unha lexión de Cen-tol@s.
Grazas a tod@s por esta nova
conquista en vosa compañía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario