Seguidores

jueves, 28 de abril de 2011

CRÓNICA DA II TRAVESÍA A NADO EN BUEU POR DIXOVIRO

No mundillo este das travesías, hai cronistas e poetas ventureiros que conxugan mui ben o mar de fondo, coa retranca. Un afamado e ilustrado poeta é DIXOVIRO..tamén coñecido como O Trovador Das Mareas, doutor en gramática parda e investigador en artes natatorias, deixou fé o seu paso polo mar de Bueu, nunha crónica que non ten desperdicio, así que co seu permiso, aquí vola deixo para ir quentando neoprenos.

Notisias da Ajensia Dixomedixo.

Con moito pesar e embarjados por unha tristesa que nos enruja o que veñen sendo os foles da alma, poñemos no jeneral coñesemento que o noso redator Dixoviro, tras nadar os case 8 km ( sejún fontes ofisiales, dinas de todo crédito) da travesía de Bueu,  fixo acto de presensia nesta redasión feito un cristiño de límpias e cunha fasiana que xa quixera para si o santísimo señor dos aflighidos ( que nos libre das penas do inferno e nos faja dinnos de josar da súa  jloria).

Alertados por semellante presensia de ánimo e polo feito de entrar nun cadro alarmante do que ven a chamarse na atualidá, ansiedade posttraumática, e que as vellas avoas definían sinxelamente cun : “¡¡ Vai traballar, jandulo ¡!” …,  e os avós, máis contundentemente, cun: “¡¡ Iso arrejlávacho eu con par de os..ias ¡!”…, mirámonos na triste nesesidade de solisitar os servicios de emerjensia do 016 ( “A su servisio, las 24 horas do día… ¡¡ e da noite ¡! “).

 Condusido a un sentro hospitalario da siudade, foi observado en primeira istansia polo médico de juardia quen  diante da jravidade do caso derivouno, coma un fojete, diretamente ao servisio de neurosiquiatría.
Unha ves nesa unidade,  foi consultado polo psicoanalista arjentino, de reconocida fama en todo o mundo ..¡¡ e parte do estranxeiro ¡!,  Manuel Alejandro José  Parlanchini Pereyra Quedá-Fijos, que non tardou en dar  un diagnóstico contundente e sobre todo… ¡¡ claro ¡!. Trascribimos:

El passiente presssenta síntomas neuróooticoh, ¿victe?, debidos a un conflicto inconssiente que pugna por emergher a la consssiensia , aquí el “boludo”,  presissa de una terapia de rectificassión con pocterioridad, del proseso represivo orighinario, ¡¡ che ¡! y dese modo indusir, suprimir e intercambiar toda clase de síntomah presenteh en loh cuadroh neuronaleh, sughiriendo una etiologhía psicológhica y no orgánica..¡¡ que macana!!

En resume e falando na linjua sinxela do pobo: Entre o esforso realisado e a alejría de dar rematado a travesía… ¡¡Perdeu a presensia de ánimo e fóiselle o sentidito ¡! ( se lle quedaba aljún ).

Esta redasión sinte dende o máis profundo do corasón e dos órjanos vitales que conforman o que veñen sendo os recunchos da sinsibilidade, non poder ofreselles a habitual crónica ata que o interfeto ( ou séase, o Dixoviro) recupere a súa presensia de ánimo e consijan poñerlle en fila as poucas neuronas que lle van quedando en uso funsional.

Ofreserase unha novena pola súa pronta recuperasión na parroquia de Santa Tasiña de Tinto.

Fonte: Crónicas da Ajensia Disomedixo  por Dixoviro.


miércoles, 27 de abril de 2011

III TRAVESÍA A NADO EN BUEU 2011 O 16 DE XULLO



Sobre a area, as pegadas profundas dos pes, 
Unha sombra, tiangular
O Sol inflámase ...
tremen as ondas como espellos que titilan
abraiado pola luz....
miras  hacia o mar,
ingrávido cavilas como sire@  sen rumbo
sobre as mil crestas do "dragón" , ese dragón
sempre cambiante, camaleón  mariño
que e preciso domar, con ese hombro poderoso.
Abres coas máns  as páxinas de auga.
esperando encontrar un argumento....
pensas por un momento......
Pechas os ollos e sintes o latido do mar.
Suspendido polos fios de Poseidón
Como marioneta ingrávida , 
que interpreta as claves do mar de fondo
Algún peixe pasa sorprendido....cavilando pensa ...
"outro poeta na rede"....e ti abraiado dis, que envidia me dás.
e fáiseche a boca auga de ver os peixes nadar.....
Ferve Pescadoira, como un volcán
Abrazánse a area e o mar
e cantos bicos se dan
xa quisera eu meu amigo que 
a "miña única patria fora o mar"