Seguidores

martes, 4 de enero de 2011

MERGULLO CON RETRANCA

O istórico video

Coas  Cies ao fondo, territorio xa conquistado no “primeiro desafío”; a  Ponte de Toralla  en fronte,  cicais o símbolo da travesía ao ano que escomenza, un día de gala, un sol radiante, a pé do “pasión praia” e o mar inconmensurable, na praia do Vao. “ Os Cen-tolos”, cada quen con seu disfraz a punto de mudar o ano vindeiro semellaban unha comparsa mariña o ritmo da marea.  Os arroases seguían a unha figura branca, esbelta, destacada polo seu acompasado nadar, e monótono fungar,… as calabasas o arredor da sua cintura de avispa, eran un salvavidas improbable cinguido a tan esbelto sireo, Aquel  non podía ser outro que  “ O Trovador das Mareas” mais coñecido como “Dixoviro”, ataviado con lencería  de felpa de alta costura,  daquelas que quentaban  ata as pedras. Non daremos esquencemento a este estallido de luxuria. Do norte chegaron Sara a dulce Sara, e César o emperador do mar de Hércules, semellaban, duas burbullas freixenet. O Gran Corso, “cuia única patria e o mar” fervía de calor naquel atlántico yacuzzi... Golfiño iba ataviado cuns gayumbos que semellaban un pinto en celo. Travesías  facía de reporteiro gráfico improvisado, e ataviado co seu inseparable termo co chocolatiño preparado. Sony organizaba a performance, entre ramallos de carrumeiro, mentras os arroáses chegaban en camisón a probar as delicias da marea. O cacahuete flotando voltou a mudar en esbelta sirea. Ataviados uns cun gorro vermello con pompón,  peropopero..poropero..mpompero peron,……  outros con Smoking de neopreno, todos cantaban: “hay que tirarse o mar”, un mar imponente enerxético, un mar que nos unía unha vez mais a tod@s, nunha festa natatoria , un bo augurio de tódalas travesías que nos quedan por conquistar no 2011. Rosa Rosae Rosas declinaban todos en latin lover…. E cantaban……es más fácil encontrar,  Rosas en el mar….y o Buzo  asomaba “De profundis” con cabeleira de algas. Alejandro era perseguido por Lady Gaga, e a min se me puña a pel de galiña .
O remate estivo regado por un quente chocolatiño, e viandas variadas das cales demos boa conta, dou fé….foi un pracer e unha Ledicia  compartir con tod@s este primeiro mergullo  do 2011 unha aperta e….feliz ano Arroasessssssssssssss.

Sussopi.