Coas Cies
ao fondo, territorio xa conquistado no “primeiro desafío”; a Ponte de Toralla en fronte,
cicais o símbolo da travesía
ao ano que escomenza, un día de gala, un sol radiante, a pé do “pasión praia” e o mar inconmensurable,
na praia do Vao. “ Os Cen-tolos”, cada quen con seu disfraz
a punto de mudar o ano vindeiro semellaban unha comparsa mariña o ritmo da
marea. Os arroases seguían a unha figura
branca, esbelta, destacada polo seu acompasado nadar, e monótono fungar,…
as calabasas o arredor da sua cintura de avispa, eran un salvavidas improbable cinguido
a tan esbelto sireo, Aquel non podía ser outro que “ O
Trovador das Mareas” mais coñecido
como “Dixoviro”, ataviado con lencería
de felpa de alta costura, daquelas que quentaban ata as pedras. Non daremos esquencemento a
este estallido de luxuria. Do norte chegaron Sara a dulce Sara, e César
o emperador do mar de Hércules, semellaban, duas burbullas freixenet. O Gran Corso, “cuia única patria e o mar” fervía de calor naquel atlántico yacuzzi... Golfiño iba ataviado cuns gayumbos que
semellaban un pinto en celo. Travesías facía de reporteiro gráfico improvisado, e
ataviado co seu inseparable termo co chocolatiño preparado. Sony organizaba a performance, entre ramallos de carrumeiro, mentras os arroáses
chegaban en camisón a probar as
delicias da marea. O cacahuete flotando
voltou a mudar en esbelta sirea. Ataviados uns cun gorro vermello con
pompón, peropopero..poropero..mpompero peron,……
outros con Smoking de neopreno, todos cantaban: “hay que tirarse o mar”, un
mar imponente enerxético, un mar que nos unía unha vez mais a tod@s, nunha
festa natatoria , un bo augurio de tódalas travesías que nos quedan por
conquistar no 2011. Rosa Rosae Rosas
declinaban todos en latin lover…. E cantaban……es más fácil encontrar, Rosas en el mar….y o Buzo asomaba “De profundis”
con cabeleira de algas. Alejandro
era perseguido por Lady Gaga, e a min se me puña a pel de galiña .
O remate estivo regado por un
quente chocolatiño, e viandas variadas das cales demos boa conta, dou fé….foi
un pracer e unha Ledicia compartir con
tod@s este primeiro mergullo do 2011 unha aperta e….feliz ano Arroasessssssssssssss.
No hay comentarios:
Publicar un comentario