Seguidores

sábado, 17 de octubre de 2009

NADAR EN OUTONO



Onte fun a nadar pola tarde , o mar estaba tranquilo, a temperatura da auga  era moi agradable, sobre todo nadando co neopreno (que gran invento este do neopreno), fun a nadar suave despois de dúas semanas de descanso dende a travesía de Coruña. Nadei en Area de Bon, aprox. 3 kms, . Cando era pequeno sempre lle tiven medo os fondos mariños, era un medo estraño, cicais provocado  por ver aquela famosa serie televisiva que se titulaba “viaxe o fondo do mar” onde as veces  aparecían  monstros nas profundidades,  as sombras líquidas parecían adquirir perfiles inquietantes.Cando vou nadando vou escoitando a sinfonía natatoria provocada pola repetitiva inmersión dos meus  brazos , e o corpo  e por esa respiración líquida.Cando me aproximo a unha zona de algas , inquiétome non sei moi ben porqué.....temor submarino, inseguridade.
Abstraído pola paisaxe, logo ven o monólogo interior, porqué nadar, fluír co mar, saborear o mar e quedar  uns segundos intentando empaparme de ese sabor mariño, esencia de sal, o sabor do mar e cambiante.As veces sinto que algo me toca , tal vez un alga flotante, un pequeno golpe de mar de fondo, non sei,  coincido con un cangrexo el vai hacia  o fondo, semella unha araña, que ten por tela o mar.Penso que o mar e moi complexo e as veces parece ter vida propia, e nos engule nas súas ondas.