Onte fun a nadar pola tarde , o mar estaba tranquilo, a temperatura da
auga era moi agradable, sobre todo
nadando co neopreno (que gran invento este do neopreno), fun a nadar suave
despois de dúas semanas de descanso dende a travesía de Coruña. Nadei en Area
de Bon, aprox. 3 kms, . Cando era pequeno sempre lle tiven medo os fondos
mariños, era un medo estraño, cicais provocado
por ver aquela famosa serie televisiva que se titulaba “viaxe o fondo do mar” onde as
veces aparecían monstros nas profundidades, as sombras líquidas parecían adquirir perfiles
inquietantes.Cando vou nadando vou escoitando a sinfonía natatoria provocada
pola repetitiva inmersión dos meus brazos , e o corpo e por esa respiración líquida.Cando me
aproximo a unha zona de algas , inquiétome non sei moi ben porqué.....temor
submarino, inseguridade.
Abstraído pola paisaxe, logo ven o monólogo interior, porqué nadar, fluír
co mar, saborear o mar e quedar uns
segundos intentando empaparme de ese sabor mariño, esencia de sal, o sabor do mar
e cambiante.As veces sinto que algo me toca , tal vez un alga flotante, un
pequeno golpe de mar de fondo, non sei, coincido con un cangrexo el vai hacia o fondo, semella unha araña, que ten por tela o mar.Penso que o mar e moi complexo e as veces parece ter vida propia, e nos
engule nas súas ondas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario