Os tempos son chegados e xa imos a pola
terceira travesía en Bueu.
Na Costa Verdescente, as pedras esculpidas polo vento
semellan xigantes espectantes
Quixotes de neopreno cabalgan pola meseta azul
de Udra
semellan xigantes espectantes
Quixotes de neopreno cabalgan pola meseta azul
de Udra
Está previsto que os mais de Cen-Tolos,
se concentren
en Punta Centoleira,
despois de sair da fermosa Ancoradouro,
e
con brazada firme darlle a volta a Udra,
alí onde o vento se transmite no
alfabeto das ondas,
onde as pedras son talismáns e guías
A esquerda polo oeste
Ons se levanta como unha
balea xigante.
O Cabalo xa relincha sobre a escuma.
Co Raio transparente
Co Raio transparente
a Pedra Branca deslumbra,
mentras as bateas semellan un labirinto
que, hai que
interpretar antes de chegar a Pescadoira.
Ardelle o eixo azul atlántico
ferven os arroasessssss
as sireas brincan polo mar
e festa rachada en Pescadoira.
Ardelle o eixo azul atlántico
ferven os arroasessssss
as sireas brincan polo mar
e festa rachada en Pescadoira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario