No mundillo este das travesías, hai cronistas e poetas ventureiros que conxugan mui ben o mar de fondo, coa retranca. Un afamado e ilustrado poeta é
DIXOVIRO..tamén coñecido como
O Trovador Das Mareas, doutor en
gramática parda e investigador en artes natatorias, deixou fé o seu paso polo mar de Bueu, nunha crónica que non ten desperdicio, así que co seu permiso, aquí vola deixo para ir quentando neoprenos.
Notisias da
Ajensia Dixomedixo.
Con moito pesar e embarjados por unha tristesa que nos enruja o que veñen sendo
os foles da alma, poñemos no jeneral coñesemento que o noso redator Dixoviro,
tras nadar os case 8 km
( sejún fontes ofisiales, dinas de todo crédito) da travesía de Bueu, fixo acto de presensia nesta redasión feito
un cristiño de límpias e cunha fasiana que xa quixera para si o santísimo señor
dos aflighidos ( que nos libre das penas do inferno e nos faja dinnos de josar
da súa jloria).
Alertados por semellante presensia de ánimo e polo feito de entrar nun cadro
alarmante do que ven a chamarse na atualidá, ansiedade posttraumática, e que as
vellas avoas definían sinxelamente cun : “¡¡ Vai traballar, jandulo ¡!”
…, e os avós, máis contundentemente, cun: “¡¡ Iso
arrejlávacho eu con par de os..ias ¡!”…, mirámonos na triste
nesesidade de solisitar os servicios de emerjensia do 016 ( “A su servisio, las
24 horas do día… ¡¡ e da noite ¡! “).
Condusido a un sentro hospitalario da siudade, foi observado en primeira
istansia polo médico de juardia quen diante da jravidade do caso
derivouno, coma un fojete, diretamente ao servisio de neurosiquiatría.
Unha ves nesa unidade, foi consultado polo psicoanalista arjentino, de
reconocida fama en todo o mundo ..¡¡ e parte do estranxeiro ¡!, Manuel
Alejandro José Parlanchini Pereyra Quedá-Fijos, que non tardou en
dar un diagnóstico contundente e sobre todo… ¡¡ claro ¡!. Trascribimos:
El passiente presssenta síntomas neuróooticoh, ¿victe?, debidos a un conflicto
inconssiente que pugna por emergher a la consssiensia , aquí el “boludo”,
presissa de una terapia de rectificassión con pocterioridad, del proseso
represivo orighinario, ¡¡ che ¡! y dese modo indusir, suprimir e intercambiar
toda clase de síntomah presenteh en loh cuadroh neuronaleh, sughiriendo una
etiologhía psicológhica y no orgánica..¡¡ que macana!!
En resume e falando na linjua sinxela do pobo: Entre o esforso realisado e a
alejría de dar rematado a travesía… ¡¡Perdeu a presensia de ánimo e fóiselle o
sentidito ¡! ( se lle quedaba aljún ).
Esta redasión sinte dende o máis profundo do corasón e dos órjanos vitales que
conforman o que veñen sendo os recunchos da sinsibilidade, non poder ofreselles
a habitual crónica ata que o interfeto ( ou séase, o Dixoviro) recupere a súa
presensia de ánimo e consijan poñerlle en fila as poucas neuronas que lle van
quedando en uso funsional.
Ofreserase unha novena pola súa pronta recuperasión na parroquia de Santa
Tasiña de Tinto.
Fonte: Crónicas da Ajensia Disomedixo por Dixoviro.