Amphitrite - underwater goddess from Damien Krisl on Vimeo.
V Sinfonía Natatoria en Coruña.
Seguidores
martes, 18 de septiembre de 2012
domingo, 18 de diciembre de 2011
lunes, 26 de septiembre de 2011
A RECONQUISTA DA TORRE
O día 23S chegara a Coruña unha marea viva de
Cen-Tol@s, uniformados de gala e adestrados por Mister Centolo, para reconquistar
a Torre de Hércules, algúns deles eran debutantes e traían novos brios
natatorios. Na reunión previa de
información o Oráculo (David…), informaba dos pláns de ataque, dado que o “Gurú” dera o
visto bo para escomenzar aquela batalla pola mañanciña cedo, intentando así
coller por sorpresa o enemigo eterno (Hércules). Despois da reunión, un aperitivo
e os saudos entre nadadores, alí estaban, Bogna e Mario, o Conde de Santa Fé(
Cayasta v Rudi), Travesías, Baltasar, Marcobe, o Sarxento de Ferro… e un monte
de Cen-Tol@s… tamén estaba o “Fillo Pródigo” Luis Moya que volveu despois de
tres anos para a “Reconquista”.
Os Cen-Tol@s fumos a cear, ao “Cambalache”…”Borges”
atopábase como na sua casa criolla, metido naquel “tango” alí ceamos todos
reunidos e distendidos, mentras Dixoviro ( O Trovador Das mareas), daba renda
solta a sua retranca caralluda, facendo
estallar as risas centoleiras, alí estaban
Liuda, Cármen , Aline ,Buzo, Soni o Chocolateiro, Dixoviro, Eugenio,
Albino, Mister Cen-Tolo (Manu) Borges, Alejandro, Diego Carlos…..botamos de
menos ao inmenso Argonauta de Golfiño doctor “honoris causa” en artes
natatorias pola escola de Centolos do Vao. Golfiño unha aperta campeón……e vaite recuperando…que
escomenza a tempada.
Na cea tod@s charlamos
animadamente, e “Borges” estaba falando con Mister Centolo, falaban de un
asunto estrano de “pesar unhos ovos”..curioso
ritual centoleiro, contra o “mal de ollo”, pois sabido é que algunhas prácticas
“onanistas” provocan cataratas e despois claro non se miran as balizas…e pasa o
que pasa….
Unha vez acabada a cea fumos ata
o Orzán camiñando para facer un recoñecemento do terreo. Por suposto fixémonos
a foto de rigor.
Despois tocaba descansar, e pasar
a noite no hostal, ao chegar e subir as escaleiras decateime de que me escoraba
hacia babor, ben certo é que tomara unha cervexa na reunión de nadadores, e
outra na cea, pero a cousa non era para
tanto. Fixeime en que a escaleira estaba
escorada a esquerda, (curioso diseño modernista) e xa me tranquilicei un pouco
mais. Funme o meu cuarto intentando conciliar o sono, pois a batalla de pola
mañan iba a ser dura, pero a iso das cinco escotei unha sinfonía de xadeos e suspiros in crescendo…. alguén estaba
xa na “gloria”, eu non sabía se aquilo
era un soño ou unha alucinación penetratoria..ejem digo prenatatoria ( a
memoria vai o seu ). O certo é que
alguén estaba metido xa en profundidades e dando boa conta de algún
molusco sabroso que se agochaba na
escuridade da noite. O caso é que me desvelei e púxenme
a darlle uns retoques a un “poema
respiratorio” inacabado como tódolos poemas..que no se acaban nunca de recompoñer,
igual que o Mar que sempre está improvisando. O fín conseguín colocar a Lugris con traxe de neopreno entre duas
castañetas.
As seis da mañan Dixoviro toca
diana gritando “Bonilla a la vista”…traía
un carriño de mán xeitoso onde gardaba os apetrechos para as artes natatorias,
estaba algo nervioso, no seu debut, e ata lle tremían as mans o “mollar o
churro”…………no café. Despois do Doctorado Cum Laude en Cies, había que pasar a
reválida no “Mar de Hércules”.
Mais tarde camiño da Solana vimos
o “Anel de ouro” que asomaba polo horizonte, amanecía, o día era perfecto para
a batalla.
Unha vez postos os “traxes de
guerra”, nos diriximos ata o Orzán para tomar a saida .Alí na praia, entre
tódolos Cen-tolos, alzamos hacia o ceo a
nosa “Sirea”, sinal inequívoca de que a batalla
ía escomenzar logo. A auga estaba un pouco fria, eran as 9:30 , e en canto se deu a saida, tódolos Centolos ían cara o mar cos neoprenos ardendo.
Saín no primeiro grupo, iamos
cara a Torre , antes de chegar a sua altura perdín o contacto co grupo, e a partir de ahí supen que estaba solo. As
ondas non me deixaban ver ben as balizas. Alí no entorno da Torre o mar era un
magma azul grisaceo, estaba vivo,
enrriba o sol resaltaba a xeometría do
Faro. Por uns instantes parouse o tempo, na miña cabeza escomenzou a soar a
“Rapsodia Bohemia”, de Queen, e o nadar facíase fluido. Quería integrarme
naquel entorno, seguía nadando, o “Dragón azul”, amosaba as suas crestas
caprichosas. Dalgunha maneira tiña que
participar daquela enerxía, quería posuila .De súpeto comenzei a sentir un
calambre nos xemelgos, mantiven a calma, estirei a perna e fun un bo tempo
arrastándoa, esquencime mentalmente do calambre e seguín nadando, a dor foi
cedendo...Parei logo a beber e tomar un plátano o que me sentou mui ben. A medida que ía nadando
non paraba de mirar a Torre, no quería que se me borrara aquela sensación
indescritible que sentía naquel momento.Así seguín ata que divisei o Caranguexo
Galáctico (torre de control), preludio claro de que escomenzaban a notarse os
efectos da “ultradistancia”. Desorientado por uns instantes non sabía que
dirección seguir ata que un dos “anxos da garda”, indicoume a dirección da
baliza.
O dique parecía non ter fín….eu
de respiración ía ben, pero os ombros xa enferruxados escomenzaban a dar
síntomas de fatiga….¡hai que seguir!….. Antes de chegar a punta do dique parei
a beber outra vez..notaba que nadaba
lento, e ainda non adiviñaba o Castelo de S. Antón…lembreime de Tito (boteino
de menos) novamente.. e volvín a concentrame na sensación de nadar, de fluir co
mar….había que resistir…..
Vexo xa o Castelo… …K estaba mirando pola ventana .De súpeto
adiviño unha silueta ao paso polo Castelo parecíame Dixoviro, pero un kayak se interpuso
entre os dous, e perdino de vista…..o fín estaba preto…. seguín nadando ata a dársena e cando cheguei,
e fun aclamado por unha lexión de Cen-tol@s.
Grazas a tod@s por esta nova
conquista en vosa compañía.
jueves, 22 de septiembre de 2011
XAQUE A TORRE 2011
No me
cabe a menor dubida de que se hai bo tempo, e sengundo o "Guru" seica
o vai haber, unha Lexión de "Cen-Tolos" , daralle un
"xaque" a Torre.
Os
intrépidos Cen-Tolos foron severamente adestrados por “Mister Cen-Tolo”, un
Gladiador mariño irreductible, que lle botou un pulso coa marea viva o
mismísimo “Coloso de Rodas” alí en Cies. Será acompañado por outro Argonauta
destacado en “desafios al amanecer”, nin mais nin menos que o “Trovador Das
Mareas” (alias Dixoviro), debutante en estas lides pero con un “curriculum
natatorio”, que da medo, (repetidor en Cies Cum Laude).O encargado de preparar a poción máxica será Soni "O Chocolateiro".
O
mismísimo Hércules tratará de paliar este ataque centoleiro, intentando enrrocarse
co "Caranguexo Galáctico"(torre de control), e movendo o Castelo de San Antón, para
deixarnos no Mar Eterno, disto dou fé o inefable "Corso" na I
Travesía (El Castillo que me lo mueven). Seica agora está desterrado en Senegal, por
tal atrevemento. En realidade aquilo
resultou algo Kafkiano, e "Borges", o Cen-Tolo criollo decidiu trocar
o libro de area polo de auga.A cita deste ano non faltará tampouco o Conde de
Santa Fé (Cayasta V Rudi), nin o "Sarxento de Ferro" (Rivas). Iván
"El Terrible Brión", seguirá marcando a hora no reloxio "Tempus
Fugit". Baltasar( O Mago das travesías) seguirá facendo maxia natatoria e
Marcobe intentará conquistar a algunha "Sirea".O "Buzo"
seguirá escrutando as profundidades da Marola. Molla e os discípulos de Dalí,
intentarán facer unha travesía surrealista y "Orlando Furioso"
volverá para conquistar o Mar de Hércules. César collerá unha fror de
carrumeiro para Sara en Punta Herminia .Unha odisea amigos Cen-Tolos, que nen o
mesmo Ulises daría crédito a tan osada aventura...y e que fai falla estar
"Tolo" para ser un
bo"CenTolo".Arroasesssssssssssssssssssssssssssss.Ardelle o neopreno .Como decía o poeta:
"Mi única Patria, La mar"
"Mi única Patria, La mar"
jueves, 15 de septiembre de 2011
miércoles, 14 de septiembre de 2011
A TORRE INFINITA
Estas son pautas musicais para facer mais levadeira a Guerra contra Hércules
A esa altura da travesía o nadar vai in crescendo
Mama Mia
A esa altura da travesía o nadar vai in crescendo
Mama Mia
IV AVENTURA NO MAR DE HERCULES 2011
A IMAXEN SUPERIOR CORRESPONDE A I TRAVESÍA A NADO NO MAR DE HERCULES
CAPTADA POR "SONI"
CORAZON DE SAL
Cando no Mar palpita
o seu Corazón de sal
a emoción que me habita
faime sentir animal
A liberdade e tanta
que o Corpo se expande
e ata Finisterre alcanza
e fúndome nun instante
en ese protoplasma azul
nadar e unha Danza de
escuma
no meu peito anida o
vento
Un estrano vértigo me abruma
e no meu azul fico contento.
Por estribor unha Sirea se arrima
o pensamento está cheo de medusas
acudide a min tódalas musas
para que non naufrague a rimaviernes, 9 de septiembre de 2011
NADAR E UN POEMA RESPIRATORIO
tende a ser un poema respiratorio"
No mar de Coruña me conquistei
No mar da Coruña vos coñecín
Os meus límites tentei
Do mar todo bebín
Levantei a cabeza e vín
Unha Torre cara o ceo
E nos brazos de Morfeo
Soñei con un mar sen fín
Polas ondas do mar de Hércules
Naquel "tempo" me perdín.
As ondas me levaban
Do mundo a outro confín
Percorrín a Ultradistancia
Soñei con Cen-Tol@s e anémonas galaxias.
Calamares Cometas e peixes con trompetas
Nadando con elegancia, entre Buzos e Poetas
Tamén estaba "Lugris"
con smoking de neopreno
entre duas castañetas
Tamén estaba "Lugris"
con smoking de neopreno
entre duas castañetas
Soñei con "Sireas" nadando entre a Lua chea
mentras meditaba na area
o misterio inescrutable das ondas
e das mareas
As frores de Carrumeiro ulín
Pasei a Marola como se pasa a Mar toda
e de rosa me vestín.
Agora volvo co meu ombro
A nadar no eterno retorno
E non saio do meu asombro
Deste magnético Mar
Que me volve a conquistar
En un recobro sen fín.
"Adicado a tod@s aqueles, Cen-Tol@s anfibi@s e demais seres natatorios, que cada día intentan conquistar os seus límites"
"Adicado a tod@s aqueles, Cen-Tol@s anfibi@s e demais seres natatorios, que cada día intentan conquistar os seus límites"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)