( A todos os camaradas Aughaneiras que orghanisaron e partisiparon
na Travesía de Bueu pola Reghenerasión e Conservasión da Praia
Pescadoira),
Cansión do Pirata Aughaneira
(con perdón a don Pepe Espronseda, diolo teña na súa ghloria)
Con des tritóns por banda,
vento en popa, a toda brasada,
non corta o mar, senón esvara,
a mesnada aughaneiril.
Arroases piratas que chaman,
pola súa bravura, “Os Destemidos,”
en toda a mar coñesidos,
dun ao outro confín.
O sol na mar escintila,
e as ondas xemen co vento,
e alsan en brando movemento
ondas de prata, meu;
E alá vai o afoutado aughaneira,
con cadensia rexa e varuda.
Ancoradouro a un lado, ao otro Udra,
e alá, na volta , Bueu:
Fende o mar aughaneira,
sen temor,
que non hai enimigho,
nin tormenta, nin bonansa,
que o teu rumbo a torser alcansa,
e, ao carón, sempre un braso amigho.
Foron quedando atrás, Ancoradouro,
Puntas Chenlo e Barselo, tras Robaleira,
o maxestuoso Cabo Udra e Lombo da Besta
e, na virada, xa se albisca Sentoleira.
Enfilamos Praia de Padrón
e a aghulla de Punta Caghadouro,
praias Basieira, Mourisca e Tuia,
coa Punta Cornide e areas de ouro.
Pasado o Puntal da Aghuda,
antes de Punta Tremiño,
deixamos Area Pequena e Sartaxéns,
e avistamos a Pedra do Pé do Muíño.
Ahí érghense Pedra Herbosa e Pedra Branca,
relocen os areais de Beluso e Roiba,
as Puntas Robaleira e Penedo
e , ó fin, arribamos á Pescadoira.
Pescadoira, ¡quen te veu,
cando furtaron o que era teu!.
Onte ríspida e espida
por correntes e mareas.
Hoxe, as túas areas renasidas
acóllennos, amantes, plenas.
¡Cantas travesías
temos feito
a libre peito
ou de sable cubertos!.
Máis nunca á mar vensendo
nin á mar rendendo.
Sempre á mar ofresendo
os nosos corasóns abertos.
Que é o oséano o noso tesouro,
que é o noso deus, a súa liberdade,
A nosa lei, a forsa e o vento,
a nosa patria, a mar,… o mare.
1 comentario:
"Se o mundo não tivesse palavras a palavra do mar, com toda a sua paixão, bastava. Não lhe falta nada: nem o enigma nem a obsessão. Entregue ao seu ofício de grande hospitaleiro o mar é um animal que se refaz em cada momento. O amor também. Um mar de poucas palavras".
Casimiro de Brito.
Poema va, poema viene, ja, ja.
Saludos, Susoppi!!!
Publicar un comentario