Seguidores

miércoles, 14 de septiembre de 2011

A TORRE INFINITA

Estas son pautas musicais para facer mais levadeira a Guerra contra Hércules
A esa altura da travesía o nadar vai in crescendo 
Mama Mia

IV AVENTURA NO MAR DE HERCULES 2011

 A IMAXEN SUPERIOR CORRESPONDE A  I TRAVESÍA A NADO NO MAR DE HERCULES
CAPTADA POR "SONI"

CORAZON DE SAL

Cando no Mar palpita
o seu Corazón de sal
a emoción que me habita
faime sentir animal

A liberdade e tanta
que o Corpo se expande
e ata Finisterre alcanza
e fúndome nun instante
en ese protoplasma azul

 nadar e unha Danza de escuma
 no meu peito anida o vento
Un estrano vértigo me abruma
e no meu azul fico contento.

Por estribor unha Sirea se arrima
o pensamento está cheo de medusas
acudide a min tódalas musas
para que non naufrague a rima

viernes, 9 de septiembre de 2011

NADAR E UN POEMA RESPIRATORIO






Principio do Cen-Tol@:
" Todo corpo que se desliza polo mar
tende a ser un poema respiratorio"

No mar de Coruña me conquistei 
No mar da Coruña vos coñecín
Os meus límites tentei
Do mar todo bebín

Levantei a cabeza e vín
Unha Torre cara o ceo
E nos brazos de Morfeo
Soñei con un mar sen fín
Polas ondas do mar de Hércules
Naquel "tempo" me perdín.

As ondas me levaban
Do mundo a outro confín 
Percorrín a Ultradistancia 
Soñei con Cen-Tol@s e anémonas galaxias.
Calamares Cometas e peixes con trompetas
Nadando con elegancia, entre Buzos e Poetas
Tamén estaba "Lugris"
con smoking de neopreno
entre duas castañetas

Soñei con "Sireas" nadando entre a Lua chea 
mentras meditaba na area
o misterio inescrutable das ondas 
e das mareas

As frores de Carrumeiro ulín
Pasei a Marola como se pasa a Mar toda
e de rosa me vestín.
Agora volvo co meu ombro 
A nadar no eterno retorno 
E non saio do meu asombro
Deste magnético Mar 
Que me volve a conquistar
En un recobro sen fín. 

"Adicado a tod@s aqueles, Cen-Tol@s anfibi@s e demais seres natatorios, que cada día intentan conquistar os seus límites"

domingo, 31 de julio de 2011

miércoles, 13 de julio de 2011

III TRAVESIA A NADO EN BUEU (ANCORADOURO PESCADOIRA)


Os tempos son chegados e xa imos a pola terceira travesía en Bueu.
Na Costa Verdescente, as pedras esculpidas polo vento
semellan xigantes espectantes 
Quixotes de neopreno cabalgan pola meseta azul
de Udra
Está previsto que os mais de Cen-Tolos, 
se concentren en Punta Centoleira, 
despois de sair da fermosa Ancoradouro,
e con brazada firme  darlle a volta a Udra, 
alí onde o vento se transmite no alfabeto das ondas, 
onde as pedras son talismáns e guías
A esquerda polo oeste 
Ons se levanta como unha balea xigante.
O Cabalo xa relincha sobre a escuma.
Co Raio transparente 
a Pedra Branca deslumbra, 
mentras as bateas semellan un labirinto 
que, hai que interpretar antes de chegar a Pescadoira.
Ardelle o eixo azul atlántico
ferven os arroasessssss
as sireas brincan polo mar
e festa rachada en Pescadoira.

viernes, 10 de junio de 2011

MARAMARAMARAMAR

domingo, 29 de mayo de 2011

ESTATUA DE SAL

 
Brazada larga y profunda 
mis manos son mariposas poderosas
aleteando en la espuma
en busca de las entrañas del “dragón”..
envuelto por la “serpiente de agua”
intento atrapar el corazón de sal, 
el pulso de la marea…
un pez nada inmutable
con la elegancia del silencio líquido
soy simplemente un torpe anfibio ignorado
en busca de la “quimera”..
escamas de poesía 
se alejan con rumor de agua
las algas son fantasmas
súbitamente aparecidas
que la luz hace temblar….
el sol traza un prisma profundo
que anuncia un fondo inescrutable
soy una estatua
en el jardín del mar
mientras la arena...
atrapada en un reloj
anuncia la fuga
del tiempo sumergido.

sábado, 21 de mayo de 2011

Atención unha nova especie de anfibio natatorio está invadindo as Rías.
Son parecidos as Centol@s, pero logo mudan a Arroasssssssssses  e percorren o mar.
As mudas desta curiosa especie  prodúcense na Praia do Vao.

sábado, 14 de mayo de 2011

A PRAIA DE BUEU

 
Aquí podedes ver antigas e fermosas imaxes de Bueu e entre elas a da praia de Pescadoira
Bueu era nha imensa paria que nos foron roubando a pouco a pouco e casi sen darnos conta nos quedamos sen praias urbanas

viernes, 13 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011


As corcheas in crescendo
no pentagrama azul
calamares cometas
galaxias de anémonas
o mar  o mar bemol
e unha eterna sinfonía en expansión

domingo, 8 de mayo de 2011

O BLUES DE UDRA











As crestas do "dragón " se multiplican
linguas de mar, lamben a luz
escuma incendiada por mil espellos....
...no eterno azul de Udra
a marea trae  un.... blues

O MAR SEMPRE É UNHA FESTA


Abrazarse a unha ola,
tremendo no mar de fondo 
vértigo ondulado azul. 
eternamente bicando o mar 
eternamente bicándote.
ledicia de maruxía
frores de carrumeiro 
e salitre no tinteiro.

viernes, 6 de mayo de 2011

LA SIRENA

 
A todas las sirenas que nos acompañan y nos inspiran en las travesias

miércoles, 4 de mayo de 2011

martes, 3 de mayo de 2011

ESPECTADORES DE EXCEPCION

O ano pasado o pouco de sair de Ancoradouro, estaban estes ilustres cormoráns atentos as evolucións dos
"arroasssssssses" por suposto que este ano tamén crearemos expectación.

domingo, 1 de mayo de 2011